| FRIGORÍFICOS DO MORRAZO - BALONMÁN CANGAS |

Magí Serra será o adestrador do Club Balonmán Cangas polo que resta de tempada

O técnico catalán podería renovar o seu contrato se o equipo acadase a permanencia

O Club Balonmán Cangas chegou esta semana a un principio de acordo con Magí Serra para ocupar o posto de adestrador polo que resta de tempada. O técnico catalán conta cunha gran preparación aos seus 36 anos, actuando como observador para o primeiro equipo na súa etapa coa base do Fraikin BM Granollers.
Non foi só neste equipo onde traballou con canteiras, xa que tamén pasou polo FC Barcelona, La Roca ou o Adrianense, entre outros. Serra deu o salto á segunda división nacional para adestrar o BM Pozoblanco. Tras isto, logrou a permanencia co Villa de Aranda na tempada 2012-2013.
Por outra parte, o novo técnico conta tamén con experiencia fóra de España, conseguindo chegar á final de copa co Balmaz húngaro. Esta sería a primeira vez que este clube lograba chegar tan lonxe nesa competición. Magí Serra tamén dirixiu ó Kazama, de Kuwait, co que rexistrou un segundo e un cuarto posto na liga, clasíficandose para a Copa de Asia na primeira tempada. Ademáis, logrou a permanencia co Szese Gyor.
O técnico catalán chega ao Club Balonmán Cangas co obxectivo de conseguir a meta da permanencia, renovando automáticamente o seu contrato no caso de acadar dito obxectivo. A contratación de Magí Serra supón unha aposta do clube por un adestrador cun gran potencial e grandes dotes para a dirección.

 
Visitas únicas: 521
(estad. habilitadas 25/01/2017)


Carta de despedida de "Pillo"

Imagen noticia

Ver noticia »

 

Comunicado Oficial

Deica logo "Pillo"
Imagen noticia

Ver noticia »

 

"Pillo" dimite como técnico do Club Balonmán Cangas

Imagen noticia

Ver noticia »

 

Ver todas las noticias