| FRIGORÍFICOS DO MORRAZO - BALONMÁN CANGAS |

Comunicado Oficial

Deica logo "Pillo"

O simple feito de ter que escribir este comunicado xa constitúe un suceso desafortunado para o Clube Balonmán Cangas. O noso adestrador Víctor García Borrás, coñecido por todo o mundo do balonmán como “Pillo”, deixa de ser o preparador do noso equipo con efectos inmediatos. Pillo puxo en coñecemento á directiva da súa situación: o cansancio, o obxectivo da permanencia e a necesidade dun revulsivo que leve o conxunto cara arriba, fai da súa decisión una determinación unilateral que pola figura que para todo o clube representa, foi respetada pola dirección da entidade. Aínda que con tristeza, despedimos ó noso emblemático técnico con eloxios, agradecemento e admiración.

Pillo, toda a familia do Balonmán Cangas estará agradecida por ternos acompañado e empurrado a acadar éxitos e a vivir momentos inolvidables e históricos para o noso clube. Dende que chegaches traballaches coa ilusión de facer deste modesto plantel, un equipo competitivo, soñador, peleón, intenso, compacto… sempre levando por bandeira a humildade do traballo e esforzó e facendo sentir á xente partícipe do que ocorría na pista partido a partido. Grazas por cumplir os soños de moitos canteiráns, grazas por dar oportunidade de coñecer os adestramentos de primeiro nivel a moitos outros, grazas por axudar a este clube a tocar o seu punto máis elevado na súa historia competindo en escenarios que están o alcance de moi poucos…

En definitiva Pillo, sempre estarás no noso recordo e nos nosos corazóns por ter sido un dos adestradores máis importantes desta familia que crece cada ano en gran parte pola túa colaboración. Desexamos de corazón moita sorte na etapa que comezas, pero non podemos deixar de decir que, estamos ansiosos de que este suceso non sexa maís que un “deica logo”.

Visitas únicas: 1182
(estad. habilitadas 25/01/2017)


Magí Serra será o adestrador do Club Balonmán Cangas polo que resta de tempada

O técnico catalán podería renovar o seu contrato se o equipo acadase a permanencia
Imagen noticia

Ver noticia »

 

Carta de despedida de "Pillo"

Imagen noticia

Ver noticia »

 

"Pillo" dimite como técnico do Club Balonmán Cangas

Imagen noticia

Ver noticia »

 

Ver todas las noticias