Gran traballo! Enorme traballo dos xogadores no seo arandino. Demostraron un carácter acorde coa situación que envolve á plantilla e ó clube, e ademáis loitaron sen descanso dende o principio ata o final.Pero este texto ten outro obxecto: Dar as grazas de todo corazón a tódol@s afeccionad@s que viaxaron ata Aranda! A plantilla e a directiva sabe que de non ter ese respaldo, a vitoria sería algo moito máis difícil de acadar.Grazas por recibir ó equipo na súa chegada ó pavillón. Grazas por estar xa no quecemento cos cánticos propios da "Marea". Grazas por levar o equipo ata a o seu cen por cen. Grazas por arroupar os nosos xogadores e apoialos cando máis o necesitaron e traer os dous puntos para Cangas.Grazas e máis grazas. O Gatañal espéravos na penúltima final.