IV TORNEO 48 HORAS DE BALONMÁN
17/06/2010
Arranca o IV Torneo 48 horas de Balonmán

O IV Torneo 48 horas de balonmán en Cangas xa está en marcha. Ata o día 29 de xuño estará aberto o prazo de inscrición desta segunda edición do torneo, que se disputará os días 2, 3 e 4 de xullo no pavillón do Gatañal.

A cuota de inscrición no campionato é de tan só 75 euros por equipo. Cada equipo debe estar formado por un mínimo de oito xogadores e un máximo de 14, dos cales só 5 poden ter licencia federativa.

Para realizar a inscrición ou para recibir máis información do torneo débese acudir ás oficinas do BM Cangas, no pavillón do Gatañal, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Asemade, tamén se informa que haberá trofeos para os primeiros clasificados do campionato. 

Regulamento do torneo
Folla de inscrición
Dossier informativo
Información do torneo
Calendario do torneo
Clasificacións fase de grupos
Resultados do torneo
Una información de balonmancangas.com
volver
Centro de Estudios Cangas