A expedición do Club Balonmán Cangas Frigoríficos del Morrazo sae este venres cara Pamplona. “Qué posibilidades temos de ascender? Todas”, comenta o presidente, Manuel Camiña: “Calquera dos catro equipos pode gañarlle a calquera. Isto está moi igualado”. O directivo debulla a aventura do ascenso.
O espírito de León. O de León foi o ascenso da ilusión. Este vai ser o ascenso da rabia, a rabia por non ter ascendido o primeiro ano que baixamos da Asobal.
Os seareiros. Van a apoiarnos máis de 300 persoas de Cangas e iso vaise notar. Os que estean en Pamplona serán o oitavo xogador. A xente está ilusionada.
O rival. O Anaitasuna vai xogar na súa pista, pero como non sabemos a resposta que vai ter a súa afección, ese vantaxe do factor cancha ata pode ser un elemento que lles meta presión.
O equipo. O equipo está ben, anímica e fisicamente, agás Tomás, que ten un xeonllo mancado. Creo que vai ser clave o rendemento das porterías e aí nós si podemos decidir algo se Martinovic e Santana teñen un bó día, e fan unhas quince paradas. Son os dous moi importantes; necesitámolos aos dous.
O factor físico. Quen ascenda vai ter que xogar dous partidos en menos de vinteecatro horas, así que a amplitude dos planteis vai ser importante. Temos un equipo con experiencia pero os máis xovenes son os que poden decidir os encontros, pois van ter que darlle descanso aos veteranos.