20/04/2009
 

Entrevista a Marcos Otero Rodal

O futuro do BM Cangas está asegurado. A canteira ben pisando forte e o mellor exemplo é o Explotaciones Mineras do Morrazo. O segundo equipo xogará o primeiro fin de semana de maio a fase de ascenso a Primeira Nacional, un premio á extraodinaria tempada que están facendo os xogadores que adestra Marcos Otero.

O filial do Cangas, logo de rematar segundo no sector galego, terá que medirse a tres rivais que este ano apostaron moi forte para lograr o ascenso de categoría. Será o futuro, a xuventude do noso equipo, contra a experiencia do Lacera Base Oviedo, BM Colindres, CB Urduliz.

Marcos Otero cumpre a súa primeira tempada como adestrador do filial. Logo de curtirse como segundo técnico do ex xogador do Cangas, Javier Rodríguez, no Carballal, este ano asumiu o reto de dirixir as futuras promesas da nosa canteira.

¿Cómo valoras o rendemento do equipo esta tempada?
A verdade e que o rendemento do equipo, dende o meu punto de vista, foi sobresaínte. Cando comezou a tempada, non nos marcamos ningún tipo de meta deportiva, senón subir a esixencia nos entrenos e no compromiso, ademáis de seguir traballando na evolución dos xogadores con proxección. Cando os rapaces mostran tanta implicación, os resultados chegan.

E agora toca a fase final en Oviedo ¿Coñeces algo dos rivais? ¿Hai algún que parta como favorito?
Estou intentando recabar información, sobretodo, do primeiro rival, o Lacera Base Oviedo, porque é o primeiro rival que nos atoparemos, e perder ese partido deixaríanos con poucas opcións. Sin duda é o gran favorito, xogan na casa, e está formado por varios xogadores que o ano pasado xogaban na Div. Honra “B”, no Naranco é no Covadonga, como Cabañas, Pirri, etc. Defenden ben nun 6:0 bastante duro, e son un equipo moi veterano e con moitos recursos. Dos outros equipos sigo obtendo información, pero tamén son bos equipos.

Nos últimos encontros Serafín e, as veces, Rubén non puideron viaxar co equipo ao ser convocados por Curro Lucena ¿Esperas contar con eles para viaxar a Oviedo?
Ogallá podase contar con eles, xa que poder contar con dous xogadores desa calidade, é un luxo para o noso equipo, pero o feito de ser un equipo filial, está ligado a este tipo de cousas, somos unha ponte ao primeiro equipo, e ver que os rapaces da canteira son cada día máis importantes para o clube, é todo un orgullo.

Falando de canteira¿Cómo ves o futuro da nosa base?  Existen posibilidades de que algúns acaben formando parte da primeira plantilla a corto prazo?
Pois a verdade e que hai unha serie de xogadores cunha proxección a ter moi en conta. No meu equipo, además de contar con Rubén e Serafín, temós dous xogadores coma Fabian e Veloso, con moi boas condicións técnicas e físicas, que haberá que ter moi en conta. Tamén haberá que seguir ós xuvenís Pepe e Hugo. Xa máis abaixo, contamos cunha boa xeración de infantiles, e un gran número de rapaces nas escolas que aseguran o futuro do noso clube.

Estes son os héroes dun equipo que loitará polo ascenso a Primeira Nacional:

Kevin: Un luxo poder contar con el, un porteiro veterano, que axuda moito a defensa, e que imprime moito carácter.

Lagoa: Outro auténtico porteirazo. O seu rendemento en anteriores tempadas en categorías superiores, falan por si mesmo. Forma xunto con Kevin, a mellos parella de porteiros da nosa categoría.
Anxo: Un porteiro a ter en conta no futuro. Ten que seguir traballando duro, facerse máis regular, e mellorar no apartado físico para continuar coa súa gran progresión.

Eugenio: Un líder. Aporta carácter, dalle moito criterio ao equipo, asume a responsabilidade cando é necesario. Unha pena non poder contar con el na fase de ascenso.

Serafín: Un luxo. Ten as condicións fisicas, calidade, e capacidade de traballo necesaria, para ser un xogador importante do primeiro equipo durante moitos anos.

Rubén: Posee unha finta increíble, ademais dunha gran visión de xogo. Cada ano vai a máis e terá que romper nos primeiro equipo en breve.

Veloso: En constante evolución. Rápido, unha gran finta, traballador, e mellora cada día no xogo colectivo. De seguir así, chamará pronto nas portas do primeiro equipo.

Pepe: Un pivote con moita progresión, traballa moi ben entre lineas, e pode revolucionar calquer partido, con goles que parecen imposibles.

Rastki: Un xogador con moitos recursos. Domina moi ben o xogo sen balón e posee unhas grandes cualidades para o lanzamento exterior, debido ao seu gran salto.

Fabi: Ten un gran lanzamento exterior, unhas condicións físicas moi boas, e ademáis sabe leer moi ben o xogo colectivo. Un xogador a ter moi en conta no primeiro equipo.

Manu: Este ano sufriu unha adaptación ao pivote, e coas súas excelentes condicións físicas, e a súa capacidade de traballo, adaptouse con velocidade e acabou xogando a un grandisimo nivel.

Alberto: O capitán. Un pivote veterano, bo defensor, e un seguro na liña dos 6 metros, cun carácter que axuda moito a facer equipo.

Negro: Outro dos veteranos. Un gran defensor, un autentico loitador que non da un balón por perdido, e ademais e un gran finalizador.

Farruco: Un xogador capaz de facer cousas imposibles, e meter goles impensables, gracias a unha grandisima calidades.

Uxío: Gran xogador de equipo. Bo defensor, con gran lanzamento, que sempre da o 100% e sempre da un gran resultado.

Pumar: Outro xove en gran progresión. Madurou moito, e iso traduciuse no seu gran rendemento na segunda volta e o seu aumento no rendemento.

Menduíña: Recen saído de xuvenis, a súa mellor arma e a súa gran finalización, capaz de meter goles imposibles, debe seguir mellorando en defensa.

Hugo: Un xuvenil que pode ser o futuro extremo do primeiro equipo, ten moitísimos recursos no lanzamento, unha gran condición física, e suple a súa falla de centímetros cun carácter loitador e gañador inigualable

Unha información de David Moldes
Fotografías: Luigi - balonmancangas.com
Fase de ascenso a 1ª Nacional
volver
Centro de Estudios Cangas