II TORNEO 48 HORAS DE BALONMÁN
Arranca o II Torneo 48 horas de Balonmán

O II Torneo 48 horas de balonmán en Cangas xa está en marcha. Ata o día 8 de xullo estará aberto o prazo de inscrición desta segunda edición do torneo, que se disputará os días 11, 12 e 13 de xullo no noso pobo.

A cuota de inscrición no campionato é de tan só 40 euros por equipo. Cada equipo debe estar formado por un mínimo de oito xogadores e un máximo de 14, dos cales só 5 poden ter licencia federativa.

Para realizar a inscrición ou para recibir máis información do torneo se debe acudir ás oficinas do BM Cangas, no pavillón do Gatañal, en horario de 17.00 a 21.00 horas. Asemade, tamén se informa que haberá trofeos para os primeiros clasificados do campionato. 
Galería de Fotos
Una información de balonmancangas.com
volver
Centro de Estudios Cangas